lunes, 22 de febrero de 2010

DESFILE DE ENTROIDO











O venres, 12 de febreiro fixemos o desfile de Entroido polas rúas de Viveiro, aínda que o tempo non acompañaba moito, recorrimos a vila e pasámolo moi ben.
Aquí poñemos algunhas fotos do evento a ver si vos gustan

CUMPLEANOS DE ALFREDO


O día 10 de febreiro foi o cumpleanos de Alfredo. Os compañeir@s cantáronlle varias cancións, felicitárono e agasallárono cun libro de debuxos feitos por eles/elas.
PARABÉNS ALFREDO

viernes, 5 de febrero de 2010

CUMPLEANOS DE AZUCENA



5-2-2.010
Hoxe Azucena cumpliu 8 anos.
Cantamoslle unhas cancións e ela repartiu uns agasallos que trouxo para os compañeir@s.
Felicidades AZUCENA!

jueves, 4 de febrero de 2010

FACEMOS OS DISFRACES



Agora estamos a preparar os disfraces para o Entroido
A que non sabedes de que vamos?

PREMIO LITERARIO




Antes de Nadal participamos nun concurso de poesías convocado pola Bilioteca Municipal de Viveiro, e resultou gañadora unha nena da nosa clase: PAULA
Irá para escritora? Xa se verá
Este é o poema gañador:

"Nun corral naceu o Neno Xesús.
Estaba iliminado coa luz,
os animais mirábano
e ao mesmo tempo quentábano.
O alento era quente
como a pota fervente.
Viñeron os Reis Magos
e trouxéronlle agasallos.
O Neno xesús
quedou pasmado,
os Reis Magos dixéronlle:
es bo todo o ano
aos outros nenos levarémoslles
máis agasallos."

miércoles, 3 de febrero de 2010

E A CANTAR!




Para celebrar o festival de Nadal fumos actuar ao teatro Pastor Díaz de Viveiro.
A nosa canción chamábase "Picotí, picotá". Antes tivemos que facer unhas marionetas de pitos e gatos

ACÉRCASE O NADAL


Con Mª Dolores artellamos esta coroa de Advento que nos quedou moi bonita

O DIA DO MAGOSTO





Fixemos un libro que falaba da historia dunha castaña.
Que boas estaban as castañas!

PREPARAMOS O MAGOSTO





Para celebrar o Magosto fumos recoller castañas a un souto que hai en Magazos.
Despois coas castañas elaboramos colares de zonchos

RECOLLEITA DE MAZÁS




O día que recollimos as mazás nas maceiras do Colexio, pasámolo moi ben

O NOSO LIBRO DAS HERBAS MEDICINAIS

Por último fixemos este libro que levamos para as nosas casas para velo en familia