jueves, 4 de febrero de 2010

PREMIO LITERARIO




Antes de Nadal participamos nun concurso de poesías convocado pola Bilioteca Municipal de Viveiro, e resultou gañadora unha nena da nosa clase: PAULA
Irá para escritora? Xa se verá
Este é o poema gañador:

"Nun corral naceu o Neno Xesús.
Estaba iliminado coa luz,
os animais mirábano
e ao mesmo tempo quentábano.
O alento era quente
como a pota fervente.
Viñeron os Reis Magos
e trouxéronlle agasallos.
O Neno xesús
quedou pasmado,
os Reis Magos dixéronlle:
es bo todo o ano
aos outros nenos levarémoslles
máis agasallos."

miércoles, 3 de febrero de 2010

E A CANTAR!




Para celebrar o festival de Nadal fumos actuar ao teatro Pastor Díaz de Viveiro.
A nosa canción chamábase "Picotí, picotá". Antes tivemos que facer unhas marionetas de pitos e gatos

ACÉRCASE O NADAL


Con Mª Dolores artellamos esta coroa de Advento que nos quedou moi bonita

O DIA DO MAGOSTO





Fixemos un libro que falaba da historia dunha castaña.
Que boas estaban as castañas!

PREPARAMOS O MAGOSTO





Para celebrar o Magosto fumos recoller castañas a un souto que hai en Magazos.
Despois coas castañas elaboramos colares de zonchos

RECOLLEITA DE MAZÁS




O día que recollimos as mazás nas maceiras do Colexio, pasámolo moi ben