viernes, 30 de abril de 2010

TEMOS PITIÑOS NA CLASE


Nada máis e nada menos que quince pitiños invadiron estes días a nosa aula. Son moi bos e non fan ningún ruido. Para que serán?

viernes, 9 de abril de 2010

CHEGOU A PRIMAVERA







Á volta das vacacións de Semana Santa atopamos o xardín dos bulbos cheo de flores que nos anunciaban a chegada da primavera. Xacintos, narcisaos e tulipáns alégrannos coas súas cores cada día ao chegar ao cole.

miércoles, 7 de abril de 2010

TEMOS UN PROFESOR NOVO


Estes días veu un profesor novo para a nosa clase que se chama BORJA. Axúdanos en todas as asignaturas e corríxenos os deberes.
É moi bo, tamén está no recreo e sabe moitas cousas

martes, 6 de abril de 2010

ESTUDAMOS OS ANIMAIS



Xa levamos varias clases de Coñecemento do Medio estudando os animais, como se clasifican en distintos grupos e imonos fixando nas características de cada un deles.


Para recordar mellor todo esto estamos a facer un mural dos seres vivos, a parte dos animais xa a estamos rematando agora vamos empezar coas plantas.

viernes, 26 de marzo de 2010

CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA




Estes días estamos a facer uns debuxos da Fraga das Saímas, pois vamos a participar nun concurso que convocan as "Amas de casa de Boimente".

DIA DO PAI


Para o "Día do pai" fixemos uns agasallos nos que invitamos aos nosos papás ou mamás a non correr cando van ao volante.

lunes, 1 de marzo de 2010

CONTACONTOS







O martes, día 23 de febreiro viñeron á escola uns contacontos, un rapaz e unha rapaza, ela contounos varios contos e el acompañaba con instrumentos musicais. Fixérono moi ben e foi moi divertido