lunes, 7 de junio de 2010

EXCURSIÓN Á CASA DO QUEIXO











O día 21 de maio fumos de excursión os nenos/as de 1º, 2º e 3º á Casa do Queixo en Sobrado dos Montes.
Alí fixemos varias activdades:
- Traballamos coa lá de ovella
- Fixemos queixo
- Xogos populares
- Visita a un muiño. Aquí contáronnos unha lenda que Yraya redactou asi:

LENDA DO MUIÑO

Era un muiñeiro que tiña unha filla chamada Catalina, todas as mañás iba ao colexio pero antes iba a ver ao seu amigo Pedro. Un día Pedro e Catalina namoráronse, e o pai de Catalina enterouse e castigounos tres días. Cando pasaron díxolles:
-Veña xa pasaron tres días, xa vos levanto o castigo.
Pero Catalina e Pedro seguían xuntos e o pai de Catalina volveuse a enterar, entón encerrounos no muíño e tirou a chave ao medio do bosque, e din que cada tres días óense as voces de Catalina e de Pedro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario