lunes, 7 de junio de 2010

PREMIO DE NARRATIVA




O Concello de Ourol, co gallo das Letras Galegas, levou a cabo un certame de narrativa. Unha das premiadas foi Yolanda García Pena co conto "Feucho" que di así:

FEUCHO

Érase unha vez un poni chamado Feucho. Feucho era pequeno, con moito pelo e as crins todas enredadas.
Como todos se rían del, decidiu irse do pobo. Foi camiñando pouco a pouco polas vilas de Ambosores, Bravos, Miñotos Merille...
Na súa andadura coñeceu a un patiño chamado Pepe. Pepe foi o seu mellor amigo.
Percorreron as vilas de Ourol en busca de traballo, ata que chegaron ao Sixto. Alí coñeceron ao señor Mofeta, que era o dono do muíño. Feucho e Pepe pedíronlle traballo, e o señor Mofeta díxolles que sí e que lles pagaría dándolles casa e comida.
Feucho e Pepe carretaban nos sacos de trigo moído ás casas da parroquia. Eran moi apreciados polos veciños.
Pasou o tempo e Feucho foise convertindo nun precioso cabalo de carreiras. Chegou o día da festa do poltro, e o señor Mofeta convidou a Feucho e a Pepe a ir con el.
Alí víase toda clase de cabalos e poltros, uns blancos, outros negros, marróns, con manchas... e foi cando Feucho coñeceu a Duquesa. Duquesa era unha egua de cor branca, era moi fermosa.
Dende aquel día Feucho e Duquesa fixéronse noivos e tiveron poltros e poltriñas.
E nunca lle volveron a chamar Feucho xa que era o cabalo máis bonito de Ourol. E dende aquel día chámase RALLO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario