jueves, 31 de marzo de 2011

OS VIKINGOS E VIKINGAS DE 3º

  Sandra, nosa profe de música.
Somos os/as nenos/as de terceiro no desfile do Entroido 2011, polas ruas de Viveiro.

lunes, 7 de febrero de 2011

Aquí temos unha escea  do conto A Contar Estrelas no Camiño de Santiago.
Rodolfo moi atento a obra de teatro.

miércoles, 2 de febrero de 2011

Nas clases de Artística fixemos as  viseras decoradas con castañas e ourizos.Pasámolo moi ben!!!
O día 11 de novembro, coincidindo co San Martiño, celebramos o noso Magosto 2010.
Tod@s nen@ de 3º xuntámonos coas nosas cestas cheas de castañas asadas para comelas xunto coa profe de Música e Coñe.

martes, 1 de febrero de 2011

Teatro para o 2º Ciclo

O día 9 de novembro os/as nenos/as de 3º e 4º, fumos ver unha obra de teatro,que a Editorial Galaxia nos ofertou.Gustounos moito e ademais deronnos un libro co seu CD. para nos.

lunes, 7 de junio de 2010

EXCURSIÓN Á CASA DO QUEIXO











O día 21 de maio fumos de excursión os nenos/as de 1º, 2º e 3º á Casa do Queixo en Sobrado dos Montes.
Alí fixemos varias activdades:
- Traballamos coa lá de ovella
- Fixemos queixo
- Xogos populares
- Visita a un muiño. Aquí contáronnos unha lenda que Yraya redactou asi:

LENDA DO MUIÑO

Era un muiñeiro que tiña unha filla chamada Catalina, todas as mañás iba ao colexio pero antes iba a ver ao seu amigo Pedro. Un día Pedro e Catalina namoráronse, e o pai de Catalina enterouse e castigounos tres días. Cando pasaron díxolles:
-Veña xa pasaron tres días, xa vos levanto o castigo.
Pero Catalina e Pedro seguían xuntos e o pai de Catalina volveuse a enterar, entón encerrounos no muíño e tirou a chave ao medio do bosque, e din que cada tres días óense as voces de Catalina e de Pedro.

PREMIO DE NARRATIVA




O Concello de Ourol, co gallo das Letras Galegas, levou a cabo un certame de narrativa. Unha das premiadas foi Yolanda García Pena co conto "Feucho" que di así:

FEUCHO

Érase unha vez un poni chamado Feucho. Feucho era pequeno, con moito pelo e as crins todas enredadas.
Como todos se rían del, decidiu irse do pobo. Foi camiñando pouco a pouco polas vilas de Ambosores, Bravos, Miñotos Merille...
Na súa andadura coñeceu a un patiño chamado Pepe. Pepe foi o seu mellor amigo.
Percorreron as vilas de Ourol en busca de traballo, ata que chegaron ao Sixto. Alí coñeceron ao señor Mofeta, que era o dono do muíño. Feucho e Pepe pedíronlle traballo, e o señor Mofeta díxolles que sí e que lles pagaría dándolles casa e comida.
Feucho e Pepe carretaban nos sacos de trigo moído ás casas da parroquia. Eran moi apreciados polos veciños.
Pasou o tempo e Feucho foise convertindo nun precioso cabalo de carreiras. Chegou o día da festa do poltro, e o señor Mofeta convidou a Feucho e a Pepe a ir con el.
Alí víase toda clase de cabalos e poltros, uns blancos, outros negros, marróns, con manchas... e foi cando Feucho coñeceu a Duquesa. Duquesa era unha egua de cor branca, era moi fermosa.
Dende aquel día Feucho e Duquesa fixéronse noivos e tiveron poltros e poltriñas.
E nunca lle volveron a chamar Feucho xa que era o cabalo máis bonito de Ourol. E dende aquel día chámase RALLO.

miércoles, 12 de mayo de 2010

O DÌA DAS LETRAS GALEGAS


Fixemos un mural de UXÌO NOVONEYRA . Aqui vos poñemos a foto

AS VACACIONS

Estan a chegar as ´vacacións das LETRAS GALEGAS,adicanselle a Uxío Novoneira,as vacacions van ser divertidisimas.

A BIBLIOTECA

Hoxe pola tarde houbo un acto no colexio veu moita xente e vamos sair no xornal.

FUMOS AO TEATRO

O día 30 de abril fumos ver OS BOLECHAS ao teatro Pastor Diaz. Gustounos moito.

FOISE BORJA

O pasado venres foise Borja, o noso profe novo, o día 7 de maio.Queremos que volva.

viernes, 7 de mayo de 2010

Uxio Novoneyra


Este ano 2010 adicanselle as letras galegas a Uxio novoneyra. Na clase vamos facer traballos sobre este autor

Excursiòn a casa do queixo


O 21 de maio imos de excursiòn a casa do queixo. Vamos facer queixo,ver animais e darlles de comer.